lunes, 21 de septiembre de 2009

UNHA TARDE NA CULTURAL.

Unha grande ILUSIÓN para unha, mais grande, SATISFACCIÓN.

Cando dende o escenario, convertido puntualmente nun comedor ( xa que o espacio de sala de butacas non era suficiente para albergar a todolos asistentes), Ana Prego reclamou a súa presencia, para adicar unhas palabras o numeroso “auditorio”, aquel home sentiu que a emoción embargaballe a sua cabeza. Con andar cansino pero firme dirixiuse, sorteando ós numeros comensales que lle ían felicitando o seu paso, o pé da maestra de ceremonias. A súa cara transmitía ledicia, ilusión, satisfacción. O tempo que facía o seu improvisado “paseillo” ata o estrado, o público adicáballe un caluroso e agarimoso aprauso. Dunha maneira mecánica, e cecais sin saber nin por qué si nin por qué non, ou cecais si, él tamén apraudía. Cunha envexable axilidade, para unha persona da sua idade, subiu, pouco a pouco, os tres peldaños que o separaban do estrado. Recibido cun xesto de cariño e repeto por Ana púxose diante do micrófono………. Todolos alí presentes estabamos expectantes de que era o que ia dicir o señor Candido, Candido Porto, Candido de Paulina. …….Non foi quen de dicir nada. Apenas murmurou algo. Cecais a falla de costume, a idade, ou, sobor de todo, a emoción que sintía non lle permitiron falar. Pero a pesar de caseque non articular palabra si que dixo,….e dixo muito. Coa sua expresión estaba a dicir que estaba ledo (feliz), que se sentía ben, que se sentía inmensamente ledo (feliz) por ver o que él nunca se poidera imaxinar….¡¡ UN SOÑO FEITO REALIDADE ¡¡.

Cando aquel home superado pola emoción se dirixía o seu asento, ou como el dicía a veira da súa muller, todolos alí presentes asentíamos como dando o visto bo ó guiño preparado polos padronos da Fundación Guláns. Era, dende o meu punto de vista, un “remate de festa” moi acertado. Cecais non me equivoque en nada cando penso que a mais dun naquel momento, o igual que a Candido, os sentimentos lle estaba a facer pasar unha mala pasada, ou cando menos a tragar saliva con certa dificultade e remexer o cu no seu asiento coma buscando acougo…..coido que naquel momento había moitos “Candidos” na sala. Naquela sala había moita ilusión e moita satisfacción.

Si entendemo-la palabra ilusión como un sinónimo de tenacidade, de meta, de fe, de esperanza, de ánimo,…, podemos decir, entón, que a ilusión debe de ser compañeira de viaxe inseparable do home o longo de toda a sua vida. A ilusión é indespensable para poder vivir. Non se pode entender a vida dunha persona sin ilusión. Todos temos que ter ilusións para poder loitar e ter forza para superar os atrancos que nos imos atopar no noso camiño. Ilusión por vivir. Ilusión por ver crecer e mellorar os teus. Ilusión por conquerir os obxetivos marcados. Ilusión por superar os retos…..

E despois de cunha ilusión se faga realidade, ¿ que debemos sentir ?........,mui fácil, despois da ilusión debemos sentir satisfacción, pracer, agrado, gozo, …., ledicia polo conquerido, por conquerir ver feita realidade as nosas ilusións.

Penso, sen medo a equivocarme, que ilusión (xunto con todolos seus sinónimos) debeu ser o que sintiu fai, mais ou menos, vinte anos atrás un grupo de personas que foron os promotores da Casa Cultural e , dende logo, satisfacción (xunto con todolos seus sinónimos) debe de ser, e ademais é de xustiza que asi sexa, o que sinte ese grupo de personas ( mais os que a eles se uniron ) tal día coma o deste domingo pasado.

Tal e como xa se dixo nunha anterior entrada deste blog, tal é como se dixo este domingo no “parlamento” feito por Ana Prego , tal e como o sentiu Candido, e tal coma o sentiron os moitos “Candidos” que había na sala….. ¡¡¡¡ UN SOÑO FEITO REALIDADE ¡¡¡.

A falla de porlle a bandeira a obra temos que dicir que, noraboa a todo ese grupo de personas ( os que se “miran” e os que non se lles “mira” tanto) por conquerir facer realidade a súa ilusión. Ogallá que sintades moita satisfacción polo traballo ben realizado.

Noraboa, tamén, por saber transmitir esa ilusión a todo un pobo. Por saber facer ver a necesidade dunha obra como a que se está a punto de rematar. Todolos asistentes a comida aportaron o seu granillo de arena facendo unha aportación económica coma axuda para a construcción da casa ( cadaquen dentro das súas posiblidades ). Tódolos asistentes participaron desa ilusión e deben de participar, tamén, desa satisfacción.

Os veciños de Guláns estamos de noraboa.

3 comentarios:

  1. A ver Garganta. Por donde andas. Ultimamente non temos noticias tuas. Os teus admiradores estamos esperando algun novo relato dos teus.
    Non nos defraudes e deleitanos novamente con algun texto dos teus.

    Un amigo teu.

    ResponderEliminar
  2. Pronto haberá nova entrada amigo anónimo...pronto.

    Mentras tanto....saudos

    ResponderEliminar
  3. Que tal amigo!! Non das señáis de vida, a ver se un día destes te deixas ver e escribes algo. Isto non pode decair.

    Un saúdo, (aínda estou a espera da cervexa...)

    ResponderEliminar