domingo, 9 de agosto de 2009

O PENEDO DA SOBRA


Tódolos pobos teñen algún lugar que é venerado polos seus veciños, ben sexa por motivos relixiosos, festivos, ou por algunha singularidade que o faga destacable. O noso pobo tamén ten deses lugares; temos o monte San Cibrán, coa sua romería, temos o carballo da Barxa, temos a capela de Santa Baia,……….temos,…..temos o penedo da sobra……..ou non???

Conta unha lenda, desas que enriquecen o folclore popular, que fai moitos anos un lóstrego, dunha forte tronada, fendeu un penedo no lugar coñecido como A Sobra. Co paso dos anos e exposto a inclemencias metereolóxicas o xigante penedo foi cedendo, partíndose en dous. A fenda, que no seu día apenas era unha sinxela cicatriz na pel do xigante, hoxe en día serviría para agachar nela unha morea de cousas.

O lugar onde se atopa ese penedo é, para min, un deses sitios preferidos que ten un para ir distraela mente dos problemas diarios e deixar correla imaxinación. Serán casualidades pero cando estou a escribir estas letras atópome a veira deste xigante de pedra. Esta situado na marxe dereita da carretera que une os barrios do Casal co de Couso e que continua ata conectar coa N-120 no Confurco, xa cerca do concello veciño do Porriño. O lugar onde se asenta este penedo está uns 6 ou 7 metros por riba do nivel da carretera, nunha zona de forte pendente. Os seus pes, metros mais abaixo, ten os barrios do Pereiro. Esta carretera salva un importante desnivel entre os dous barrios ( uns 250 metros apoximadamente ), é como vos imaxinaredes ten zonas cun alto porcentaxe de pendente.

Isto faime recordar que cando eu, mailos meus amigos, eramos mozos pensabamos que aquelas costas serían semellantes as que tiñan que salvar Perico Delgado ou Bahamontes nas suas loitas por conquerir a victoria nos cumios dos montes de Francia. Sentiabámonos auténticos Bahamontes, auténticos Pericos. Aquelas costas eran para nos o mesmo que para eses monstruos do ciclismos as costas do Alpe D´huez…..que lembranzas¡¡…. Tamén me ben a cabeza que mais dunha vez emulando os nosos ídolos do ciclismo, debido o atrevemento da xuventude e a perigosidade da carretera, apañamos uns bos sustos. Algún de nos estivo a punto de aterrizar no tellado dalgunha casa do Arrabal. Hoxe en día xa sería mais difícil que o que vos acabo de contar pudiera ocurrir, por un lado porque tanto eu, coma os mes amigos, xa non temos aniños para facer locuras ( e moito menos o atrevemento, valentía ou falta de cordura….que naqueles anos mozos si tiñamos) e sobor de todo porque a “alguen”, acertadamente, se lle ocurriu poñer unhas barreiras (“quitamedos”) protectoras nas zonas de mais perigo da carretera. Supoño que a mais dun automobilista lle pasaría o que a nos. Supoño que mais dun debeu apañar un bo susto e supoño que eses automovilistas agradeceran que se puxeran ditas barreiras.

O penedo da Sobra está mui cerca do cumio desa carretera, a uns 2,5 km da igrexa de Guláns. O lugar onde se atopa é un autentico miradoiro do Val do Tea – Miño. Nun día despexado pódese mirar todo o val rodeado dos montes; os da Serra da Peneda, os do Paradanta ( San Nomedio, A Franqueira) ata as estribación da Serra do Suido. Dende alí pódese ver de que maneira afectou o avanzar da sociedade no noso entorno. A autovia A-52 (Autovía das Rias Baixas) que nos une coa meseta vertebra o val. O sur unha “mancha color terra” sinalanos onde se está a construir o que se coñece como “A PLISAN”…..cecais, moi pronto, dende o penedo poidamos ver o polígono Val do Tea. Outro espectáculo é subir o pe do penedo nunha desas mañans frías de inverno – primaveira e ver todo o val cuberto por unha densa neboa. Si deixamos voala imaxinación ( e non fai falla deixala voar moito) asemella coma si os nosos pes tivesemos o mar, un mar bravo e revolto………que maravilla, para min é unha auténtica postal e observala prodúceme na alma unha incrible relaxación e sensación de benestar.

Eu non son xeólogo, nin inxeñeiro de minas,…, nin nada que me faga poder dicir con seguridade que a situación do penedo sexa un risco, pero o sentido común ( que din que é o mais común de todolos sentidos ) si que me permite dicir que observando o comportamento do penedo o longo dos anos, cada ano a fenda é mais importante, cando menos deberíase prantexar a idoniedade ou non de aseguralo ou derruilo para evitar calquera desgracia……

Isto faime lembrar que, non hai moito tempo, o presidente da Diputación de Pontevedra comprometérase a acometelas obras necesarias para derrubar o penedo. Sen ánimo de molestar,….pregúntome….¿ que pasou con dita promesa?.....Señor Louzán creo que debe unha resposta os veciños de Guláns. É de lei dicir que o mesmo home, o mesmo Presidente da Diputación de Pontevedra, o mesmo señor Louzán que ata o de agora non deu sinais da súa promesa sobor do penedo tamén foi un dos maiores responsables de que a Casa Cultural de Guláns sexa a dia de hoxe unha auténtica realidade. Non nos podemos esquecer de que gracias as axudas que o señor Louzán fixo, a través da Diputación, puideronse seguir coas obras. É de lei dicilo………, ”O Cesar o que é do Cesar”.

Coma a promesa do señor Louzán inda non se fixo realidade creo que non chego tarde a facela seguinte reflexión:

Esta claro que algo hai que facer co Penedo, antes de que o faga a natureza e apareza calquer dia doutro lado da carretera ou, moito peor, enriba dun tellado……ben de seguro que as barreiras “quitamedo”, que con tanto tino se colocaron na carretera, non serian quen de paralo. Unha opción é a que prometeu o señor Louzán….arrualo, demolelo, desfacelo. Outra opción sería facer un estudio da viabilidade para aseguralo penedo e facer desa zona un verdadeiro miradoiro do noso val.

O mellor isto que digo, a moitos, parécevos unha auténtica locura……pero como a min non me custa nada…….pois eu digo………..O PENEDO DA SOBRA, o igual que San Cibrán, o carballo da Barxa,…, SINAL DE IDENTIDADE DO NOSO POBO.