miércoles, 14 de marzo de 2012

EU SON "RURALITA"

Tras o esforzo dun traballo ben feito tombábase baixo a núa figueira e cos ollos pechados sentía, …vaia si sentía.

A pesares de non percibir polo sentido da vista (a Deus grazas, temporalmente e de maneira voluntaria), os demais “órganos” estaban a facer perfectamente o seu labor:

O lonxe escoitábase un tractor, cheiraba a estrume (e digo cheirar en non feder; sempre lle gustou o cheiro do estrume espallado polas nosas leiras, para outros cunha pituitaria mais “fina” aquel cheiro sería fedor). Coa palma das súas mans tocaba o chan e coa xema dos dedos acariñábao como queréndolle facer cóxegas, notábao seco e agretado. Unha gota de suor suicida precipitábase dende a punta do seu nariz ata a base dun inexistente bigote, paseniño e solemnemente facía un pequeno percorrido ata aloxarse na comisura da súa boca. De maneira instintiva a súa lingua, o mesmo tempo que refrescaba os agretados beizos, recollía no seu regazo podendo apreciar o sabor salgado daquela gota de suor froito do seu esforzo……, era un mediodía dun día calquera deste mes de marzo que andamos a vivir.

O sol quentaba. Non era un sol de verán pero tampouco era un sol de marzo. O noso corpo, o noso sentir, a nosa alma, non están acostumados a este sol, este sol non é normal, non debería andar por aquí desa forma tan avasaladora e chulesca. Alguén lle debería por as cousas claras, alguén lle debería dicir que non pinta nada aquí, que non é tempo de pasear e sacar lucir o corpo,…, acaso non sabe que el ( o sol), a igual xeito que os osos, hiberna no inverno e só sae os días de festa para dar unha pequena tregua nos nosos longos e chuviosos invernos. ¡¡Non amoles, que diaños fas aquí¡¡¡.

O seu plácido descanso, de súpeto, foi interrompido por un suave pero molesto formigo. De maneira instintiva e sen abrir os ollos intentaba desfacerse daquela sensación fregando, torpemente, coa man o seu nariz. A sensación non desaparecía, era como cando un quere espallar unha molesta mosca que voa o noso arredor, tercamente sempre volve as andadas. Cando abriu os ollos, intentando averiguar o motivo daquel formigo, mirou os grandes ollos do seu fillo e o seu pracenteiro sorriso. Este, como Quixote esgrimindo a súa espada ou lanza, sostiña na súa man unha desas herbas que lle serven aos mais pequenos para sacalos grilos dos seus tobos. Aquel rapaz apuntaba xeito, ía ser o mais traste do lugar. Foise botando lume deixando ao seu pai en pé e cun sorriso na súa cara.

Aquel xeito de levantarse, xunto co cansazo acumulado polo traballo, fixo que Pedro, que así se chamaba o noso amigo, perdese por momentos o sentido da verticalidade. Unha vez recuperado e poñendo a vista no horizonte, aos seus pés, mostrábase o fértil val de Guláns. Lugar onde, non hai moito tempo, se obtiñan as mellores verduras da zona, que eran a base principal de sustentos das nosas familias.

(………..)

A imaxe que hoxe ofrece o noso val dista moito do que aquí relato. Practicamente ninguén traballa o campo e o estado da abandono das nosas produtivas leiras é patente. Ben certo é que se a nosa xeración ou a dos nosos pais foron deixando o traballo do campo, como única fonte de ingresos, foi por que outras posibilidades foron aparecendo e bendito sexa, aquela vida era moi dura. A posibilidade de traer diñeiro a casa sen “manchar as mans” na terra era mais recoñecida e respectada, incluso facía que un fose, ou parecese, máis capaz. O Guláns do que aquí estou falando é o Guláns de hai 40-50 anos, hoxe todo cambiou (habería que analizar, dependendo en que senso, si para ben ou para mal).

Cecais noutra entrada, deste ata o de agora abandonado blog, falemos do que creemos que se debería facer coas nosas leiras. Ter algo tan produtivo en ese estado de abandono asemella, cando menos, unha temeridade, inda que nisto tería moito que dicir a Administración, hoxe tan ocupada en recortar e recadar.

O rural galego, o noso rural sempre tivo, e en certo xeito ten, un estigma de inferioridade que lle ben herdado dende hai moito tempo, aínda que isto empeza a cambiar. Eu que nacín no rural, crieime no rural e fíxenme home no rural (todo o home que podo ser, xa se sabe: hai homes máis tamén hai homiños) non recoñezo en min ese estigma. É por iso que hoxe, simplemente, quero e, tal e como se di por aí, pondo a Deus por testemuña, declararme ante todos vos RURALITA. Si, así como soa, RURALITA. E dende esta tribuna, que é o blog madialevagulans, quero proporlle as distintas asociacións da parroquia (cecais habería que crear unha que poderíamos chamar “os amigos do rural”; inda que creo que a mais axeitada sería a nosa ben querida Fundación Guláns) unha idea:

Poderíase facer unha tirada de camisetas con un lema, que habería que patentar e rexistrar previamente, para por a venda ou mais ben, xa se sabe que as Fundacións non poden lucrarse, doar a vontade a cambio dunha camiseta. A cor da camiseta debería de ser vermella (xa se sabe, paixón, forza, sentimento,…,) e o lema sería, en maiúsculas e en letras grandes:

“EU SON RURALITA”

Calculando que se podería cambiar unha camiseta por un donativo de 6 euros e, sen estudo previo de mercado, pensando en que habería (polo baixo) 1000 interesados en facer ese donativo a cambio da camiseta obteríamos, como quen non quere a cousa: 6000 € (habería que descontarlle os custos da camiseta mais de estampar o lema).

Cadaquén que o colla como queira, como dicía un amigo meu :

¡¡ A broma ou a carallada ¡¡.

Saúde para todos vos.

Asdo.: Garganta Profunda

miércoles, 27 de abril de 2011

"...como decíamos ayer..."

Asi é como, segundo di a lenda (que moi a cotío afastase da realidade...), Fray Luis de León (relixioso, humanista e profesor) retomou a sua cátedra despois de 5 anos de ausencia motivado polo seu paso pola cárcere por traducir algúns libros que non estaban ben vistos ... a inquisición.

Non, non pensedes mal, non é que acabe de sair da cárcere,..., inda que ben pensado, cadaquén ten a sua cárcere personal,..., cecais eu acabe de sair da miña..........non sei, tanto ten¡¡¡¡

A cuestión é que, con mais ou menos acerto, imos retomar este "rincón de lecer" que é o noso blog MADIALEVA GULÁNS.

En vindeiras datas publicarei unha nova entrada,...., ata esa:

Saude para todos vos¡¡¡.

sábado, 10 de abril de 2010

REVISTA EDITADA POLA DINÁMICA COMISIÓN ORGANIZADORA DA FESTA DA VIRXE DA SAÚDE 2010














Co beneplácito que un dos membros da Comisión organizadora da Festa da Saúde deste ano me deu, preséntovos aquí a portada da revista que veñen de publicar con motivo de tal evento. Así como a fotgrafía de rigor dos mordomos da Festa.

Esta é unha das “muitas” maneiras que soen utilizar os “mordomos” das Festas parroquiais para acadar algúns cartiños a conta da publicidade que nela se fai….., como en todo hai muitas maneiras de facelas cousas, ……mui ben, …ben, ….regular, ….mal ou mui mal, con gusto ou sen gusto….. O dito…, que hai mil maneiras de facelas cousas.
Non vou ser eu quen lle poña nota a esta revista. Todos teredes a posibilidade de calificala cando a teñades nas vosas mans…..porque según escoitei, van entregala (ou vendela) os veciños e colaboradores….algunha xa mirei por ahí¡¡¡.
A valoración que eu poida facer non sería obxetiva posto que para miña sorpresa fixéronme partícipe nela…., ofrecerónme publicar “algo sobre a parroquia” i eu, con moito gusto, aceptei tal proposta.
Aquí vos deixo o escrito feito por este anónimo veciño desta nosa parroquia…., pero aconséllovos que vos fagades cun exemplar…..paga a pena¡¡¡….e sempre paga a pena recordar¡¡¡¡






O DÍA GRANDE DA FESTA DA SAUDE


Pedro, que acababa de cumprir 12 anos, sempre foi un rapaz vivo inda que algo preguiceiro para erguerse da cama, nembargantes aquel día non fixo falla que ninguén o tivese que espabilar. O rebumbio que espertou a Pedro aquela mañá de domingo non foron os berros da súa nai dende a cociña suplicándolle que se erguera para ir a cataquese, o que ó espertou foron os foguetes que anunciaban que escomenzaba o día grande da Festa da Saúde. Dun chimpo e coma un resorte botouse fora da cama e inda en calzóns xa estaba amolando a súa nai preguntado cal era a roupa que tiña que por para ir a misa. Non, non, …, non era que Pedro tivera moito interés en ir a misa, o que pasaba é que aquel día, vestidos coas súas mellares roupas, tódolos veciños de Guláns, incluidos os seus amigos, estarían no torreiro da parroquia.



Uns participaban do solemne acto da misa, a súa nai era moi devota a Virxe e alí estaba nos primeiros bancos da igrexa. Outros agardaban fora a que terminara a cerimonia para acompañar ou mirar pasar a procesión. Outros tomaban posición ó redor do palco para escoitar o concerto que a Banda de Música, como non, A Unión de Guláns ía en breve iniciar. Moitos dos que esperaban facíano tomando un viño e comendo uns manises, ben no bar da Comisión ou ben na tenda de Pepe de Jaime, botando unhas risadas e contando algún que outro conto…, entre eles atopábase o pai de Pedro que era mais devoto do viño de Pepe que da Virxe da Saúde.



Pedro xa fora quen de librarse do férreo control que a súa nai lle facía dende a súa posición na igrexa. Mentras ela ia comulgar o pequeno, con moito disimulo, collía camiño da porta. Inda que sabía que estábase a xogar unhas boas labazadas non podía quedar alí quieto, escoitando o señor cura e oindo cantar aquelas mulleres que asemellaban o chiar dun carro de bois do moito que desafinaban, cando fora se estaba a preparar todo para a procesión …(Pedro, ben sabía que aquel desafinado canto o que lle sobraba era Paixón e Fe).



Os músicos afinaban os instrumentos, os maiores achegábanse a porta da igrexa, ...,todos estaban preparados para un dos momentos mais esplendoros do día “ A saida da igrexa da Virxe da Saude”. Mentras a Virxe facía o seu percorrido ó redor da igrexa os foguetes estoupaban e deixaban a súa pegada naquel ceo despexado dun día de verán. O bombeiro da Unión andaba a pasalo mal posto que Pedro e mailos seus amigos non paraban de tirarlle pedriñas dende a súa posición na procesión…¡¡que diaño de rapaces, pensaba él, asi era imposible levalo ritmo¡¡¡¡.


Mentras, no palco, soaba o pasodoble Rolandito, facendo as ledicias dos entendidos e críticos ouintes, Pedro, sin que ninguén se percatara, acababa de entrar no cimenterio. Iso de entrar só e as escondidas non era que lle fixera moita gracia. A parte de producirlle algo de medo tiña entendido que era pecado…, pero Pedro quería facer partícipe o seu avó da Festa da Saúde. O señor Antón morrera facía cáseque uns catro anos e Pedro querialle moito. Achegouse a súa lápida e despois de darlle un bico a súa foto deixou o seu pe uns manises, …, acabáballos de pedir o seu pai cando saía da tenda de Pepe, sempre disposto a darlle ó seu fillo calquer cousa que non foran cartos. O seu avó tamen fora devoto da Virxe da Saúde e do viño de Pepe de Jaime, …., e Pedro sabíao………
................


…..este é un pequeno relato (inventado ou non, iso tanto ten) do que podería acontencer nun día da Festa da Saude. Agardo que tódolos Pedros, tódalas nais, pais e avós dos moitos Pedros que aquí poidéranse sentir identificados nunca esquezan as nosas costumes. O tempo pasa pero os recordos sempre quedan. A memoria forma parte da identidade dunha persona e da identidade dun pobo. A memoria é un dos bens mais preciados co que contamos. Na miña maneira de entedela vida coido que cando, por algunha enfermidade ou por calquer outro motivo, unha persona perde a súa memoria…., nese mesmo momento deixa de ser persona para pasar a ser….,a verdade é que por sorte non sei o que se pode chegar a ser cando isto acontece…, ogallá nunca o saiba¡¡. Sempre quedará o amor da familia para facernos sentir personas, ou cando menos para tratarnos coma tales.
Cando a Comisión para a organización da Festa da Saude, por medio de Javier Domínguez, ofreceume a posibilidade de poder escribir “algo” sobre a nosa parroquia para publicar nesta revista, sentínme loubado por tal proposta. Un anónimo e “simple” veciño coma min síntese orgulloso de poder compartir páxinas cos representantes das diferentes asociacións, alcalde, prestixiosos periodistas, músicos, académicos,…, personaxes ilustres da nosa parroquia. Probablemente mais dunha cousa haberá en común entre todos nos…., pero o que de seguro compartimos é o cariño que procesamos pola nosa terra.
É obriga de tódos nos e de tódolos veciños que Guláns nunca perda a súa memoria e identidade. As costumes e tradicións dun pobo débense manter e a Festa da Saude é un sinal de identidade de Guláns. Este ano correspóndelle os veciños do barrio da Costa de Sequeiros a organización desta Festa. Agárdovos dentro de 16 anos. Moita sorte e Saúde¡¡¡.

Garganta Profunda.

viernes, 15 de enero de 2010

O "CASINO" DE COUSO




Xa dende pequeno gustáronme os sitios altos, os sitios elevados. Sempre me pareceu que dende a altitude podíanse mirar as “cousas da vida”, con mais perspectiva, ou cando menos cunha perspectiva distinta a que se logra ter cando “o bosque non deixa miralas árbores”. Os sitios altos sempre foron, para min, lugares onde me gustaba ir reflexionar sobre os meus asuntos ou, simplemente coma di un dos nosos veciños,….. “¡¡ a ver voalo tempo, tal e como facía o neno pequeno da aldea¡¡” (“Faro (Pepe) dixit”).

Son lugares sufridos, xa que están expostos os avatares da metereoloxía. Os montes de Guláns, Picoña, Cans,…, son o segundo obstáculo que teñen que superar as borrascas, que dende o mar entran na península, para chegar a nosa parroquia, xa suavizadas pola primeira barreira, os montes da serra do Galiñeiro.

Nos cumios dos montes é onde a chuvia arremete con mais forza. Deixando a súa pegada, nos seus camiños e ladeiras, a modo de regos, que asemellan as enrrugas que deixa o paso da vida na cara dun ancián. Gústame moito, en días de temporal, subir o monte e mirar coma os eucaliptos retórcense sobre o seu eixo combatindo e facendo frente o forte vento. A elasticidade que lle confire a súa madeira, mais a resistencia que poñen as súas raices a ser arrancadas do lugar onde se criaron ( a semellanza de cómo facían as nosas nais cando dos seus brazos lles arrebataban os seús fillos para ir a guerra) fan que moitos deles saian victorios das cruentas batallas que a natureza, nos duros invernos, lles presenta. Sempre, e como en todalas batallas, hai algunha baixa. Estas “baixas” (as árbores caidas) eran aproveitadas polos veciños coma madeira para as súas cociñas…..ata de “mortos” cumprían a súa función…………..hoxe, seica, xa non cumpren tal función.

O barrio mais alto da parroquia de Guláns é Couso. Está situado a uns, aproximadamente, 300 metros de altitude. A pesar diso situase nun val, xa que está rodeado de cumios polos seus catro ventos. É o que mais distanciado físicamente se encontra de calquera outro barrio da parroquia ( o que mais preto está, por estrada, é o barrio do Outeiro de Foxo). Quero pensar que o único distanciamento que hai, entre este e os outros barrios de Guláns, é solo o físico ( kilómetros )..…… de haber outro tipo de distanciamento sería algo que nunca entendería.



Ese distanciamento (físico) cos outros barrios da parroquia e coas parroquias doutros concellos (Cans, Picoña, Xinzo….,) podería facernos supor que é un lugar aillado……….., para min, nada mais lonxe da realidade.

Sin ter ningún rigor científico no que vos vou dicir, creo que estas características que antes mencionaba (a altitude, o distanciamento físico mais esa posible sensación de aillamento ) puideron e poden inflluir na formación dese carácter especial, que creo, ten a xente de Couso.

Couso non é un barrio calquera ( miña intención no é menospreciar a ningún dos outros barrios da parroquia….¡¡¡¡eu non son de Couso¡¡¡ ). Os seus veciños preocupáronse de ter iniciativas que evitaran ese posible aillamento para convertilo nun barrio mui dinámico e con moitas actividades. Crearon asociacións para obter unha mellor calidade de vida (tanto cultural, social, de servicios,…,). Teñen a Asociación de veciños “A Malladoura” (creada recientemente; ningún outro barrio de Guláns a ten), teñen Comunidade de Monte propia e dende xa hai uns anos teñen a “Asociación Cultural San Martiño de Couso”.



Isto, sin deixar de ser nin bo nin malo, é un síntoma evidente de que nese barrio hai xente con iniciativa e que se sente identificada co seu lugar de nacemento ou có sitio que os acolleu para vivir.

Das moitas iniciativas que os directivos da Asociación Cultural San Martiño tiveron nestes últimos anos poderíase falar moito. Hoxe, e dunha maneira sinxela, vou facer referencia a unha delas, tempo haberá de falar doutras moitas.

Segundo me contan (http://www.cousodegulans.es/ ) “o Casino” é un lugar de Couso onde os homes e mulleres deste barrio da parroquia de Guláns pasaban as súas tardes de domingos e os seus momentos libres para “entablar amistade”,…para enredar,…para facelas veiras,….mais para “mirar” voalo tempo. Tódolos barrios e parroquias tiñan o seu lugar de xuntanza. O Casino era o punto de reunión dos veciños de Couso de hai uns anos atrás.

Pois tal e como vos dicía, a iniciativa desta xente creouse, dende xa hai uns anos, a revista “O Casino”. Como todos vos suporedes, o seu nome fai referencia aquel lugar de reunión. Unha pequena homenaxe a outros tempos pasados. Esta revista publícase trimestralmente e de forma periódica. Nela dunha maneira sinxela pero con moita pulcritude e exactitude fanse referencia as actividades que se van realizar no Centro. Outras seccións desta revista adícanse a publicar contos, referencias etnográfícas, receitas de cociña,…., escritos feitos por algún dos veciños do barrio.

Dende logo, e recomendollo a todo aquel que non ó fixera que o faga, paga a pena pararse a mirar esta “revista”.

Por último dicir, segundo me contan as miñas fontes, que este ano cúmprense o cincuenta aniversario da chegada da electricidade a Couso….. neste último número que acaban de publicar faise referencia, por un dos seus veciños, a data tan sinalada.

¡¡¡¡ A min sempre me gustaron os sitios altos…, a min sempre me gustou Couso e maila súa xente. ¡¡¡¡.

Garganta Profunda

domingo, 10 de enero de 2010

A NEVE CHEGA A GULÁNS



A mañá amanceu cun ceo gris, temperaturas de baixo cero e o tempo seco. Polas chimeneas das casas saía un fumo negro ou branco, producto da queima da leña nas cociñas e caldeiras ou da combustión do gasoil. É o modo de combatilo frío que actualmente temos nos nosos fogares. Moi pronto, polo que din os entendidos na materia, estes materias serán sustituidos por outro tipo de enerxía; a enerxía xeotérmica ( basease no aproveitamento da calor interior da terra). Seguramente sobre moitas desas cociñas de ferro as nosas mulleres, as nosas nais e algún que outro dos nosos homes estarían a preparar un bo cocido para dar conta del na hora do xantar.

Parecía un domingo calquera na parroquia. As campás da igrexa chamaban os veciños para iniciar a ceremonia dos domingos. Algún que outro coche circulaba polas estradas. Algúns veciños (cecais menos dos que moitos de nos desexáramos) atopábanse tomando un café para quentalo corpo, ou un vermut, ou unha copiña de augardente…cadaquén quenta o corpo como lle peta, na cafetería da Cultural ( o de cantina xa se lle queda pequeno) ou no Cocho do Rio (o contrario do que nalgún “sitio” teño escoitado, son dos que penso que cantos mais negocios haxa na parroquia mellor que mellor).

Ben, tal e como vos dicía parecía un domingo normal pero acontecería algo que o ía convertir en especial.

Mentras daba conta dun deses cocidos que antes vos contaba vía, tralos cristais húmidos da nosa cociña, como escomenzaba a nevar. Un acontecemento pouco habitual na nosa parroquia. Creo que iso, que sexa pouco habitual, fixo que interrumpíramos o noso xantar para sair o balcón e poder apreciar dende mais cerca o capricho da natureza. Tampouco foi moito o que alí afora estivemos….¡¡¡ facía un frío de moito carallo¡¡¡¡.

As folerpas non caían con moita intensidade, mais ben parecía que non querían molestar e cáseque pasar desapercibidas, e non chegaron callar. Supoño que non faría o frío suficiente para que isto ocurrira, pero estaba seguro de que o punto mais alto da nosa parroquia seguro que presentaba unha estampa digna de ser visitada.

¡¡ Non se me ocurriu a min so ¡¡. Tanto no camiño de subida como no de baixada cruceime con mais dun veciño que tivera a mesma idea.

Mirar imaxes tan habituais para nos como as da capela de San Cibrán ou a do seu penedo cubertos cun manto branco facía daquel momento algo especial.

Para aqueles que non tivestes a oportunidade de subir ó monte, aquí vos deixo unhas fotos para que disfrutedes dunha imaxe pouco habitual dun dos sinais de identidade de Guláns; San Cibrán.

E xa se sabe, segundo dí o refrán “Año de nieves, año de bienes” , ¡¡¡está ben claro que escomenzamos o ano con bo pe.¡¡¡

Esta tamen é a miña maneira de desexarvos a tódolos gulanseses (e os que non sodes de Guláns,que me consta que algún hai) que este ano que acabamos de estrear se densenvolva como todos vos queredes e que as vosas ilusións se vexan cumpridas.

¡¡¡Saude e sorte para todos vos. ¡¡¡

Garganta profunda

lunes, 21 de septiembre de 2009

UNHA TARDE NA CULTURAL.

Unha grande ILUSIÓN para unha, mais grande, SATISFACCIÓN.

Cando dende o escenario, convertido puntualmente nun comedor ( xa que o espacio de sala de butacas non era suficiente para albergar a todolos asistentes), Ana Prego reclamou a súa presencia, para adicar unhas palabras o numeroso “auditorio”, aquel home sentiu que a emoción embargaballe a sua cabeza. Con andar cansino pero firme dirixiuse, sorteando ós numeros comensales que lle ían felicitando o seu paso, o pé da maestra de ceremonias. A súa cara transmitía ledicia, ilusión, satisfacción. O tempo que facía o seu improvisado “paseillo” ata o estrado, o público adicáballe un caluroso e agarimoso aprauso. Dunha maneira mecánica, e cecais sin saber nin por qué si nin por qué non, ou cecais si, él tamén apraudía. Cunha envexable axilidade, para unha persona da sua idade, subiu, pouco a pouco, os tres peldaños que o separaban do estrado. Recibido cun xesto de cariño e repeto por Ana púxose diante do micrófono………. Todolos alí presentes estabamos expectantes de que era o que ia dicir o señor Candido, Candido Porto, Candido de Paulina. …….Non foi quen de dicir nada. Apenas murmurou algo. Cecais a falla de costume, a idade, ou, sobor de todo, a emoción que sintía non lle permitiron falar. Pero a pesar de caseque non articular palabra si que dixo,….e dixo muito. Coa sua expresión estaba a dicir que estaba ledo (feliz), que se sentía ben, que se sentía inmensamente ledo (feliz) por ver o que él nunca se poidera imaxinar….¡¡ UN SOÑO FEITO REALIDADE ¡¡.

Cando aquel home superado pola emoción se dirixía o seu asento, ou como el dicía a veira da súa muller, todolos alí presentes asentíamos como dando o visto bo ó guiño preparado polos padronos da Fundación Guláns. Era, dende o meu punto de vista, un “remate de festa” moi acertado. Cecais non me equivoque en nada cando penso que a mais dun naquel momento, o igual que a Candido, os sentimentos lle estaba a facer pasar unha mala pasada, ou cando menos a tragar saliva con certa dificultade e remexer o cu no seu asiento coma buscando acougo…..coido que naquel momento había moitos “Candidos” na sala. Naquela sala había moita ilusión e moita satisfacción.

Si entendemo-la palabra ilusión como un sinónimo de tenacidade, de meta, de fe, de esperanza, de ánimo,…, podemos decir, entón, que a ilusión debe de ser compañeira de viaxe inseparable do home o longo de toda a sua vida. A ilusión é indespensable para poder vivir. Non se pode entender a vida dunha persona sin ilusión. Todos temos que ter ilusións para poder loitar e ter forza para superar os atrancos que nos imos atopar no noso camiño. Ilusión por vivir. Ilusión por ver crecer e mellorar os teus. Ilusión por conquerir os obxetivos marcados. Ilusión por superar os retos…..

E despois de cunha ilusión se faga realidade, ¿ que debemos sentir ?........,mui fácil, despois da ilusión debemos sentir satisfacción, pracer, agrado, gozo, …., ledicia polo conquerido, por conquerir ver feita realidade as nosas ilusións.

Penso, sen medo a equivocarme, que ilusión (xunto con todolos seus sinónimos) debeu ser o que sintiu fai, mais ou menos, vinte anos atrás un grupo de personas que foron os promotores da Casa Cultural e , dende logo, satisfacción (xunto con todolos seus sinónimos) debe de ser, e ademais é de xustiza que asi sexa, o que sinte ese grupo de personas ( mais os que a eles se uniron ) tal día coma o deste domingo pasado.

Tal e como xa se dixo nunha anterior entrada deste blog, tal é como se dixo este domingo no “parlamento” feito por Ana Prego , tal e como o sentiu Candido, e tal coma o sentiron os moitos “Candidos” que había na sala….. ¡¡¡¡ UN SOÑO FEITO REALIDADE ¡¡¡.

A falla de porlle a bandeira a obra temos que dicir que, noraboa a todo ese grupo de personas ( os que se “miran” e os que non se lles “mira” tanto) por conquerir facer realidade a súa ilusión. Ogallá que sintades moita satisfacción polo traballo ben realizado.

Noraboa, tamén, por saber transmitir esa ilusión a todo un pobo. Por saber facer ver a necesidade dunha obra como a que se está a punto de rematar. Todolos asistentes a comida aportaron o seu granillo de arena facendo unha aportación económica coma axuda para a construcción da casa ( cadaquen dentro das súas posiblidades ). Tódolos asistentes participaron desa ilusión e deben de participar, tamén, desa satisfacción.

Os veciños de Guláns estamos de noraboa.

domingo, 13 de septiembre de 2009

UN DIA TRISTE NA NOSA PARROQUIA



Este blog naceu, tal e como se dí na sua primeira entrada ou “post”, para falar das “cousas” que acontecen en Guláns. Das “cousas” boas e malas, das “cousas” agradables e desagradables, das “cousas” que producen ledicia ou tristura…. É por iso, como creador deste blog, que me vexo na obriga moral de facer unha entrada sobre un dos acontementos mais doloros ocurridos nos últimos tempos no noso pobo.

Hoxe é un dos días mais tristes na vida de Guláns.

Penso, sin medo a equivocarme, que o que eiqui vou dicir é o pensamento de calquera un dos veciños da nosa parroquia e, ben de seguro, calqueira un deles podería dicilo e expresarse mellor.

A morte é unha lei natural, é unha condición inherente o home, é o destino final do ser humano e ,en teoría, temolo asumido. Pero cando a esperanza de vida no noso pais é, a día de hoxe, de 81 anos podemos dicir, polo tanto, que a morte dun rapaz de 29 anos e un dos feitos mais antinatural ( a parte de doloroso ) que se pode producir. Iso fai que, ante un acontecemento de tal calibre, os nosos sentimentos de dor, pena e pesar afloren con moita facilidade.

Nunha sociedade no que o que prima son os cartos, nunha sociedade onde os valores están en decadencia, nunha sociedade extresada, nunha sociedade sin tempo para mirar o seu embigo (ombligo) e sin tempo para pensar cal é o sentido do noso paso por este mundo ou si o noso paso por este mundo sirve para mellorar a vida dos demais poder comprobar que inda hai feitos como o que vimos de vivir hoxe fai que un síntase orgulloso da sua condición de ser humano…

Vimos de asistir dunha verdadeira manifestación de dor, respeto e cariño de toda unha parroquia cunha familia rota por unha das peores inxusticias desta vida. Ver como unha enfermidade, cruel e dolorosa, arrancalle do seu fogar a un dos seus seres queridos (un fillo, un neto, un irmán,…., un noivo). Un rapaz, un veciño, un amigo mui valiente e con moitas gañas de vivir.

Espero e desexo que esta mostra de cariño axude a familia de Fernando a poder levar o seu penar da mellor maneira posible. Comprobar que contan co apoio de todolos seus veciños oxala lles sirva para poder ir sobrelevando a sua dor. Moito ánimo e forza ¡


D.E.P