domingo, 13 de septiembre de 2009

UN DIA TRISTE NA NOSA PARROQUIA



Este blog naceu, tal e como se dí na sua primeira entrada ou “post”, para falar das “cousas” que acontecen en Guláns. Das “cousas” boas e malas, das “cousas” agradables e desagradables, das “cousas” que producen ledicia ou tristura…. É por iso, como creador deste blog, que me vexo na obriga moral de facer unha entrada sobre un dos acontementos mais doloros ocurridos nos últimos tempos no noso pobo.

Hoxe é un dos días mais tristes na vida de Guláns.

Penso, sin medo a equivocarme, que o que eiqui vou dicir é o pensamento de calquera un dos veciños da nosa parroquia e, ben de seguro, calqueira un deles podería dicilo e expresarse mellor.

A morte é unha lei natural, é unha condición inherente o home, é o destino final do ser humano e ,en teoría, temolo asumido. Pero cando a esperanza de vida no noso pais é, a día de hoxe, de 81 anos podemos dicir, polo tanto, que a morte dun rapaz de 29 anos e un dos feitos mais antinatural ( a parte de doloroso ) que se pode producir. Iso fai que, ante un acontecemento de tal calibre, os nosos sentimentos de dor, pena e pesar afloren con moita facilidade.

Nunha sociedade no que o que prima son os cartos, nunha sociedade onde os valores están en decadencia, nunha sociedade extresada, nunha sociedade sin tempo para mirar o seu embigo (ombligo) e sin tempo para pensar cal é o sentido do noso paso por este mundo ou si o noso paso por este mundo sirve para mellorar a vida dos demais poder comprobar que inda hai feitos como o que vimos de vivir hoxe fai que un síntase orgulloso da sua condición de ser humano…

Vimos de asistir dunha verdadeira manifestación de dor, respeto e cariño de toda unha parroquia cunha familia rota por unha das peores inxusticias desta vida. Ver como unha enfermidade, cruel e dolorosa, arrancalle do seu fogar a un dos seus seres queridos (un fillo, un neto, un irmán,…., un noivo). Un rapaz, un veciño, un amigo mui valiente e con moitas gañas de vivir.

Espero e desexo que esta mostra de cariño axude a familia de Fernando a poder levar o seu penar da mellor maneira posible. Comprobar que contan co apoio de todolos seus veciños oxala lles sirva para poder ir sobrelevando a sua dor. Moito ánimo e forza ¡


D.E.P

3 comentarios:

  1. Non o coñecía, sempre é unha desgracia.

    D.E.P.

    ResponderEliminar
  2. Si alguen tivo en vilo nos últimos tempos a xuventude de Guláns ese foi Fernando.
    si algunha persoa animaba os demáis para traballar, para divertirse, para xuntarse é pa unir lazos de amistade ese foi Fernando.
    Desde o Rancho de Reis, desde a Asociación A. Cultural, desde calquer festa a facer en Guláns ahí atopábase Fernando.
    Como Presidente da Asociación Artistico Cultural de Guláns a Fernando Groba Espiñeira DEP e os seus familiares, estamos con todos vos nos sentimentos e nos sufrimentos.

    ResponderEliminar