domingo, 10 de enero de 2010

A NEVE CHEGA A GULÁNS



A mañá amanceu cun ceo gris, temperaturas de baixo cero e o tempo seco. Polas chimeneas das casas saía un fumo negro ou branco, producto da queima da leña nas cociñas e caldeiras ou da combustión do gasoil. É o modo de combatilo frío que actualmente temos nos nosos fogares. Moi pronto, polo que din os entendidos na materia, estes materias serán sustituidos por outro tipo de enerxía; a enerxía xeotérmica ( basease no aproveitamento da calor interior da terra). Seguramente sobre moitas desas cociñas de ferro as nosas mulleres, as nosas nais e algún que outro dos nosos homes estarían a preparar un bo cocido para dar conta del na hora do xantar.

Parecía un domingo calquera na parroquia. As campás da igrexa chamaban os veciños para iniciar a ceremonia dos domingos. Algún que outro coche circulaba polas estradas. Algúns veciños (cecais menos dos que moitos de nos desexáramos) atopábanse tomando un café para quentalo corpo, ou un vermut, ou unha copiña de augardente…cadaquén quenta o corpo como lle peta, na cafetería da Cultural ( o de cantina xa se lle queda pequeno) ou no Cocho do Rio (o contrario do que nalgún “sitio” teño escoitado, son dos que penso que cantos mais negocios haxa na parroquia mellor que mellor).

Ben, tal e como vos dicía parecía un domingo normal pero acontecería algo que o ía convertir en especial.

Mentras daba conta dun deses cocidos que antes vos contaba vía, tralos cristais húmidos da nosa cociña, como escomenzaba a nevar. Un acontecemento pouco habitual na nosa parroquia. Creo que iso, que sexa pouco habitual, fixo que interrumpíramos o noso xantar para sair o balcón e poder apreciar dende mais cerca o capricho da natureza. Tampouco foi moito o que alí afora estivemos….¡¡¡ facía un frío de moito carallo¡¡¡¡.

As folerpas non caían con moita intensidade, mais ben parecía que non querían molestar e cáseque pasar desapercibidas, e non chegaron callar. Supoño que non faría o frío suficiente para que isto ocurrira, pero estaba seguro de que o punto mais alto da nosa parroquia seguro que presentaba unha estampa digna de ser visitada.

¡¡ Non se me ocurriu a min so ¡¡. Tanto no camiño de subida como no de baixada cruceime con mais dun veciño que tivera a mesma idea.

Mirar imaxes tan habituais para nos como as da capela de San Cibrán ou a do seu penedo cubertos cun manto branco facía daquel momento algo especial.

Para aqueles que non tivestes a oportunidade de subir ó monte, aquí vos deixo unhas fotos para que disfrutedes dunha imaxe pouco habitual dun dos sinais de identidade de Guláns; San Cibrán.

E xa se sabe, segundo dí o refrán “Año de nieves, año de bienes” , ¡¡¡está ben claro que escomenzamos o ano con bo pe.¡¡¡

Esta tamen é a miña maneira de desexarvos a tódolos gulanseses (e os que non sodes de Guláns,que me consta que algún hai) que este ano que acabamos de estrear se densenvolva como todos vos queredes e que as vosas ilusións se vexan cumpridas.

¡¡¡Saude e sorte para todos vos. ¡¡¡

Garganta profunda

4 comentarios:

  1. UMMM! Esas si que son unhas fotos de Guláns, se o chego a saber vou ata alá e disfruto en directo da paisaxe... non houbera ido ata a Cañiza para ver o branco manto da neve.


    Alédome de que voltases a escribir. Segue así.
    Claro que nos espera un ano moi bó e interesante... o refrán xa o dixo.

    jejeje. Saúdos.
    Anónimo.

    ResponderEliminar
  2. hola eu tamén estiven a voltas co cocido, pero cando vin para atrás xa todos se levantaran da mesa para ir a San Cipriano cos pequechos...
    que ilusión e alboroto..subimos todos ós coches e fumos a san ciprian ,que beleza,so subindo, pros mais cativos era coma un soño feito realidade.
    O chegar a capilla sacamos fotos,e xogamos canto poidemos.Que dia tan fermoso e especial"....douche as grazas g.p por volver, de seguro que pasamos por ti de cara o monte.estamos moi contentos de que escribas.Saúdos.

    ResponderEliminar
  3. En primeiro lugar, ben volto a este mundo dos blogs, xa era sen tempo.
    Pois eu quedeime simplemente coa imaxe de ver cair os farrapos na casa, non chegaron a callar e tampouco se me ocurriu acercarme a Guláns. Quedeime coas gañas de brincar na neve, pero bueno, que se lle vai facer.

    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  4. Gracias os tres pola vosas verbas de benvida. A partires de agora tentarei, na medida do posible, escribir con un pouquiño mais de regularidade...
    ...amigo, meu rei, Carlos xa pasarei polo teu blogg a deixarche algún que outro comentario.

    Saúdos

    ResponderEliminar