viernes, 15 de enero de 2010

O "CASINO" DE COUSO




Xa dende pequeno gustáronme os sitios altos, os sitios elevados. Sempre me pareceu que dende a altitude podíanse mirar as “cousas da vida”, con mais perspectiva, ou cando menos cunha perspectiva distinta a que se logra ter cando “o bosque non deixa miralas árbores”. Os sitios altos sempre foron, para min, lugares onde me gustaba ir reflexionar sobre os meus asuntos ou, simplemente coma di un dos nosos veciños,….. “¡¡ a ver voalo tempo, tal e como facía o neno pequeno da aldea¡¡” (“Faro (Pepe) dixit”).

Son lugares sufridos, xa que están expostos os avatares da metereoloxía. Os montes de Guláns, Picoña, Cans,…, son o segundo obstáculo que teñen que superar as borrascas, que dende o mar entran na península, para chegar a nosa parroquia, xa suavizadas pola primeira barreira, os montes da serra do Galiñeiro.

Nos cumios dos montes é onde a chuvia arremete con mais forza. Deixando a súa pegada, nos seus camiños e ladeiras, a modo de regos, que asemellan as enrrugas que deixa o paso da vida na cara dun ancián. Gústame moito, en días de temporal, subir o monte e mirar coma os eucaliptos retórcense sobre o seu eixo combatindo e facendo frente o forte vento. A elasticidade que lle confire a súa madeira, mais a resistencia que poñen as súas raices a ser arrancadas do lugar onde se criaron ( a semellanza de cómo facían as nosas nais cando dos seus brazos lles arrebataban os seús fillos para ir a guerra) fan que moitos deles saian victorios das cruentas batallas que a natureza, nos duros invernos, lles presenta. Sempre, e como en todalas batallas, hai algunha baixa. Estas “baixas” (as árbores caidas) eran aproveitadas polos veciños coma madeira para as súas cociñas…..ata de “mortos” cumprían a súa función…………..hoxe, seica, xa non cumpren tal función.

O barrio mais alto da parroquia de Guláns é Couso. Está situado a uns, aproximadamente, 300 metros de altitude. A pesar diso situase nun val, xa que está rodeado de cumios polos seus catro ventos. É o que mais distanciado físicamente se encontra de calquera outro barrio da parroquia ( o que mais preto está, por estrada, é o barrio do Outeiro de Foxo). Quero pensar que o único distanciamento que hai, entre este e os outros barrios de Guláns, é solo o físico ( kilómetros )..…… de haber outro tipo de distanciamento sería algo que nunca entendería.



Ese distanciamento (físico) cos outros barrios da parroquia e coas parroquias doutros concellos (Cans, Picoña, Xinzo….,) podería facernos supor que é un lugar aillado……….., para min, nada mais lonxe da realidade.

Sin ter ningún rigor científico no que vos vou dicir, creo que estas características que antes mencionaba (a altitude, o distanciamento físico mais esa posible sensación de aillamento ) puideron e poden inflluir na formación dese carácter especial, que creo, ten a xente de Couso.

Couso non é un barrio calquera ( miña intención no é menospreciar a ningún dos outros barrios da parroquia….¡¡¡¡eu non son de Couso¡¡¡ ). Os seus veciños preocupáronse de ter iniciativas que evitaran ese posible aillamento para convertilo nun barrio mui dinámico e con moitas actividades. Crearon asociacións para obter unha mellor calidade de vida (tanto cultural, social, de servicios,…,). Teñen a Asociación de veciños “A Malladoura” (creada recientemente; ningún outro barrio de Guláns a ten), teñen Comunidade de Monte propia e dende xa hai uns anos teñen a “Asociación Cultural San Martiño de Couso”.



Isto, sin deixar de ser nin bo nin malo, é un síntoma evidente de que nese barrio hai xente con iniciativa e que se sente identificada co seu lugar de nacemento ou có sitio que os acolleu para vivir.

Das moitas iniciativas que os directivos da Asociación Cultural San Martiño tiveron nestes últimos anos poderíase falar moito. Hoxe, e dunha maneira sinxela, vou facer referencia a unha delas, tempo haberá de falar doutras moitas.

Segundo me contan (http://www.cousodegulans.es/ ) “o Casino” é un lugar de Couso onde os homes e mulleres deste barrio da parroquia de Guláns pasaban as súas tardes de domingos e os seus momentos libres para “entablar amistade”,…para enredar,…para facelas veiras,….mais para “mirar” voalo tempo. Tódolos barrios e parroquias tiñan o seu lugar de xuntanza. O Casino era o punto de reunión dos veciños de Couso de hai uns anos atrás.

Pois tal e como vos dicía, a iniciativa desta xente creouse, dende xa hai uns anos, a revista “O Casino”. Como todos vos suporedes, o seu nome fai referencia aquel lugar de reunión. Unha pequena homenaxe a outros tempos pasados. Esta revista publícase trimestralmente e de forma periódica. Nela dunha maneira sinxela pero con moita pulcritude e exactitude fanse referencia as actividades que se van realizar no Centro. Outras seccións desta revista adícanse a publicar contos, referencias etnográfícas, receitas de cociña,…., escritos feitos por algún dos veciños do barrio.

Dende logo, e recomendollo a todo aquel que non ó fixera que o faga, paga a pena pararse a mirar esta “revista”.

Por último dicir, segundo me contan as miñas fontes, que este ano cúmprense o cincuenta aniversario da chegada da electricidade a Couso….. neste último número que acaban de publicar faise referencia, por un dos seus veciños, a data tan sinalada.

¡¡¡¡ A min sempre me gustaron os sitios altos…, a min sempre me gustou Couso e maila súa xente. ¡¡¡¡.

Garganta Profunda

19 comentarios:

  1. Eu tampouco son de Couso e igual ca ti creo que o distanciamento e soamentes fisico , nunha parroquia tan unida coma a nosa non teñen cabida semellantes ........

    Un millon de grazas por recordarnos "cousas" da nosa parroquia , isto non ten prezo

    UNHA APRETA E ATA PRONTO

    ResponderEliminar
  2. Hola Garganta.

    Una vez más, felicitarte por estos dos nuevos articulos que has escrito y agradecerte que nos sigas acercando a todos esas pequeñas y grandes curiosidades de nuestra parroquia que muchos todavía no conocemos.

    En segundo lugar, me gustaría pedirte un favor en nombre de la "Comisión Organizadora de las Fiestas en Honor a la Virgen de la Salud 2010".

    Previa a la celebración de estas fiestas, esta Comisión tiene pensado publicar una revista en la que nos gusaría que participaras. Nos agradaría que publicases algún escrito en el que nos hablaras de tu particular modo de ver estas fiestas y en general de la parroquia.

    Sabemos de tu incondicional cariño y compromiso con Guláns por eso esperamos que esta petición sea aceptada por tu parte.

    Si es así, dime de que manera podemos contactar para concretar mas detalles sobre este tema.

    Entiendo que, como has hecho hasta ahora, no querras revelar tu identidad, por lo que, si quieres te puedo dar una dirección de correo electrónico al que me mandes el texto.

    Agradezco tu atención y espero pronto noticias tuyas.

    Un Saludo

    ResponderEliminar
  3. Anónimo, gracias a ti polas teu comentario. As tuas verbas fan que un se anime a escribir "cousas"...

    Saudos

    ResponderEliminar
  4. Javier, o que ti me pides non é un favor...é un honor...je, je. Non en serio, gracias pola invitación. Con moito gusto participarei nesa revista.

    O meu correo é gargantaprofundagulans@orangemail.es
    Si queres escríbeme ahi o que queredes que faga...inda que, acabaseme de xurdir unha pequena idea..., extensión que teño para facelo, tempo que teño para entregarcho.....

    Graicas Javier pola invitación.

    Saudos e mantémonos en contacto.

    Garganta Profunda

    ResponderEliminar
  5. Ola Javier, non sei si mirache o meu anterior comentario......¡¡¡ disposto e encantado de participar na vosa revista ¡¡¡...xa teño algo escrito,...cóntame algo...

    Saudos

    ResponderEliminar
  6. Buscando un Watergate, penso non dará mais que un onde estás corazón.
    Parabéns po-la iniciativa!
    Saúdos J. Alonso

    ResponderEliminar
  7. Gracias J.Alonso polos parabéns....pero, cecais, non entendo ben a mensaxe.....xa me contarás.

    Saudos

    ResponderEliminar
  8. Ola Javier, envieiche un correo a túa dirección....confírmame, si é posible, si chegou ou non....ós druidas da internet deuselle por xogar na miña conta de correo e nunca sei si chegan as mensaxes o seu destinatario.

    Sáudos

    ResponderEliminar
  9. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  10. O comentario non ten importancia muller, é un "chascarrillo".
    Non me chegou, mais a onde ma enviaches?
    alonsosoto at gmail.com esa é a miña dirección.

    ResponderEliminar
  11. ultimamente estadesvos liando non entendo nada de nada. por fi volvede a realidade.un saudo .

    ResponderEliminar
  12. A ver Garganta Profunda. Parece que andas un pouco vago ultimamente. ¿Para cando nos sorprendes cunha nova entrada no teu blog?

    ResponderEliminar
  13. Pois mais que vago, o que ando e un pouco liado....pero voltaremos¡¡¡....meu amigo Marcos

    ResponderEliminar
  14. Pois veña que estamos agardando. Xa fai mais de 2 meses q non sabemos nada de ti.

    Contanos unha nova "historiña" das túas.

    ResponderEliminar
  15. estou moi maliño na cama e non podo camiñar quero que contes algo pero preferia que fose o meu caron pra coñecerte de preto botote de menos .grazas.e boas pascuas

    ResponderEliminar
  16. .....ufff¡¡¡ espero e desexo que na situación na que vostede (ou ti) se atopa sexa transitoria e pronto poida voltar a estar ben. De non ser así non teño mais que darlle todolos meus ánimos para ir superando as adversidades desta (as veces) cruenta vida.
    Por outra banda leer esas letras que vostede escribe dame a entender que lle gusta o blogg MADIALEVA, iso dame ánimos para seguir escribindo cousas da nosa terra.....moi pronto aparecerán novas publicacións¡¡

    Teño unha dirección de correo electrónico a onde me pode escribir si quere facelo dunha maneira mais particular... gargantaprofundagulans@orangemail.com

    Grazas e moito ánimo¡¡

    ResponderEliminar
  17. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  18. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  19. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar