sábado, 10 de abril de 2010

REVISTA EDITADA POLA DINÁMICA COMISIÓN ORGANIZADORA DA FESTA DA VIRXE DA SAÚDE 2010














Co beneplácito que un dos membros da Comisión organizadora da Festa da Saúde deste ano me deu, preséntovos aquí a portada da revista que veñen de publicar con motivo de tal evento. Así como a fotgrafía de rigor dos mordomos da Festa.

Esta é unha das “muitas” maneiras que soen utilizar os “mordomos” das Festas parroquiais para acadar algúns cartiños a conta da publicidade que nela se fai….., como en todo hai muitas maneiras de facelas cousas, ……mui ben, …ben, ….regular, ….mal ou mui mal, con gusto ou sen gusto….. O dito…, que hai mil maneiras de facelas cousas.
Non vou ser eu quen lle poña nota a esta revista. Todos teredes a posibilidade de calificala cando a teñades nas vosas mans…..porque según escoitei, van entregala (ou vendela) os veciños e colaboradores….algunha xa mirei por ahí¡¡¡.
A valoración que eu poida facer non sería obxetiva posto que para miña sorpresa fixéronme partícipe nela…., ofrecerónme publicar “algo sobre a parroquia” i eu, con moito gusto, aceptei tal proposta.
Aquí vos deixo o escrito feito por este anónimo veciño desta nosa parroquia…., pero aconséllovos que vos fagades cun exemplar…..paga a pena¡¡¡….e sempre paga a pena recordar¡¡¡¡






O DÍA GRANDE DA FESTA DA SAUDE


Pedro, que acababa de cumprir 12 anos, sempre foi un rapaz vivo inda que algo preguiceiro para erguerse da cama, nembargantes aquel día non fixo falla que ninguén o tivese que espabilar. O rebumbio que espertou a Pedro aquela mañá de domingo non foron os berros da súa nai dende a cociña suplicándolle que se erguera para ir a cataquese, o que ó espertou foron os foguetes que anunciaban que escomenzaba o día grande da Festa da Saúde. Dun chimpo e coma un resorte botouse fora da cama e inda en calzóns xa estaba amolando a súa nai preguntado cal era a roupa que tiña que por para ir a misa. Non, non, …, non era que Pedro tivera moito interés en ir a misa, o que pasaba é que aquel día, vestidos coas súas mellares roupas, tódolos veciños de Guláns, incluidos os seus amigos, estarían no torreiro da parroquia.



Uns participaban do solemne acto da misa, a súa nai era moi devota a Virxe e alí estaba nos primeiros bancos da igrexa. Outros agardaban fora a que terminara a cerimonia para acompañar ou mirar pasar a procesión. Outros tomaban posición ó redor do palco para escoitar o concerto que a Banda de Música, como non, A Unión de Guláns ía en breve iniciar. Moitos dos que esperaban facíano tomando un viño e comendo uns manises, ben no bar da Comisión ou ben na tenda de Pepe de Jaime, botando unhas risadas e contando algún que outro conto…, entre eles atopábase o pai de Pedro que era mais devoto do viño de Pepe que da Virxe da Saúde.



Pedro xa fora quen de librarse do férreo control que a súa nai lle facía dende a súa posición na igrexa. Mentras ela ia comulgar o pequeno, con moito disimulo, collía camiño da porta. Inda que sabía que estábase a xogar unhas boas labazadas non podía quedar alí quieto, escoitando o señor cura e oindo cantar aquelas mulleres que asemellaban o chiar dun carro de bois do moito que desafinaban, cando fora se estaba a preparar todo para a procesión …(Pedro, ben sabía que aquel desafinado canto o que lle sobraba era Paixón e Fe).



Os músicos afinaban os instrumentos, os maiores achegábanse a porta da igrexa, ...,todos estaban preparados para un dos momentos mais esplendoros do día “ A saida da igrexa da Virxe da Saude”. Mentras a Virxe facía o seu percorrido ó redor da igrexa os foguetes estoupaban e deixaban a súa pegada naquel ceo despexado dun día de verán. O bombeiro da Unión andaba a pasalo mal posto que Pedro e mailos seus amigos non paraban de tirarlle pedriñas dende a súa posición na procesión…¡¡que diaño de rapaces, pensaba él, asi era imposible levalo ritmo¡¡¡¡.


Mentras, no palco, soaba o pasodoble Rolandito, facendo as ledicias dos entendidos e críticos ouintes, Pedro, sin que ninguén se percatara, acababa de entrar no cimenterio. Iso de entrar só e as escondidas non era que lle fixera moita gracia. A parte de producirlle algo de medo tiña entendido que era pecado…, pero Pedro quería facer partícipe o seu avó da Festa da Saúde. O señor Antón morrera facía cáseque uns catro anos e Pedro querialle moito. Achegouse a súa lápida e despois de darlle un bico a súa foto deixou o seu pe uns manises, …, acabáballos de pedir o seu pai cando saía da tenda de Pepe, sempre disposto a darlle ó seu fillo calquer cousa que non foran cartos. O seu avó tamen fora devoto da Virxe da Saúde e do viño de Pepe de Jaime, …., e Pedro sabíao………
................


…..este é un pequeno relato (inventado ou non, iso tanto ten) do que podería acontencer nun día da Festa da Saude. Agardo que tódolos Pedros, tódalas nais, pais e avós dos moitos Pedros que aquí poidéranse sentir identificados nunca esquezan as nosas costumes. O tempo pasa pero os recordos sempre quedan. A memoria forma parte da identidade dunha persona e da identidade dun pobo. A memoria é un dos bens mais preciados co que contamos. Na miña maneira de entedela vida coido que cando, por algunha enfermidade ou por calquer outro motivo, unha persona perde a súa memoria…., nese mesmo momento deixa de ser persona para pasar a ser….,a verdade é que por sorte non sei o que se pode chegar a ser cando isto acontece…, ogallá nunca o saiba¡¡. Sempre quedará o amor da familia para facernos sentir personas, ou cando menos para tratarnos coma tales.
Cando a Comisión para a organización da Festa da Saude, por medio de Javier Domínguez, ofreceume a posibilidade de poder escribir “algo” sobre a nosa parroquia para publicar nesta revista, sentínme loubado por tal proposta. Un anónimo e “simple” veciño coma min síntese orgulloso de poder compartir páxinas cos representantes das diferentes asociacións, alcalde, prestixiosos periodistas, músicos, académicos,…, personaxes ilustres da nosa parroquia. Probablemente mais dunha cousa haberá en común entre todos nos…., pero o que de seguro compartimos é o cariño que procesamos pola nosa terra.
É obriga de tódos nos e de tódolos veciños que Guláns nunca perda a súa memoria e identidade. As costumes e tradicións dun pobo débense manter e a Festa da Saude é un sinal de identidade de Guláns. Este ano correspóndelle os veciños do barrio da Costa de Sequeiros a organización desta Festa. Agárdovos dentro de 16 anos. Moita sorte e Saúde¡¡¡.

Garganta Profunda.

10 comentarios:

  1. Moi boa a revista da festa. Ó fin alguén se anima a facer algo distinto. Noraboa ós editores.

    ResponderEliminar
  2. Estaste a volver moi vago. Para cando algunha novidade?

    ResponderEliminar
  3. Hola Madialeva. O teu club de fans estamos ansiosos por volver a ter noticias tuas. Para cando a proxima entrada no blog. Non tardes. Estamoste agardando impacientemente.

    ResponderEliminar
  4. Vaia¡¡¡,...non sabía eu que tiña club de fans¡¡¡...

    ResponderEliminar
  5. Enton que? Para cando teremos noticias tuas??

    ResponderEliminar
  6. Hola, noraboa pola túa iniciativa, pero estiven pensando... e da última festa (romería) q tivemos non nos escribeches nada!!!!
    Supoño q saberás q me refiro a San Cibrán e a nova iniciativa q tiveron de facer a festa da cervexa!!

    un saúdo

    ResponderEliminar
  7. Hola Madialeva. Unha pregunta, ¿non vas a seguir facendo mais publicacións neste blog?

    ResponderEliminar
  8. Si, teño intención de seguir, inda que non o pareza. Hai momentos en que as "forzas" fallan....

    Ademais, este blogg hai uns días que estivo de aniversario

    ResponderEliminar
  9. A ver se das sinais de vida. Abandoaches o blog ou que?.

    Dinos algo.

    ResponderEliminar
  10. hai moito tempo qe non sabemos nada de ti! non che apetece actualizar?

    ResponderEliminar