sábado, 27 de junio de 2009

II PARTE........A NOITE MÁXICA DE GULÁNS.....UN SOÑO FEITO REALIDADE....

Nota: O non domiñar a perfección as novas tecnoloxías. é o que ten, fai que a anterior entrada quedase incompreta. Non sei, pero os druidas de internet fixeron que non se vexa toda a entrada ( "artigo" ), ou cecais sexa a miña torpeza con este mundo, en fin tanto ten....

Esta entrada será por tanto a segunda parte da anterior e nela tentarei rematar o que antes non fun capaz.

Tal e como vos dicía a idea que xurdira fai vinta e pico anos, a ilusión, o esforzo, o tesón,...., a pacencia daquel grupo de personas facía que o que fora un soño se estivera facendo realidade.

O mesmo tempo empezaba a darme conta do motivo daquela tristura que me viña acompañando sin motivo aparentemente xustificada... ¡¡¡ votaba en falta a algunhas personas daquel grupo promotor da idea¡¡¡......¡¡¡ alí faltaba xente ¡¡¡¡.

Non é o momento de lembrar a cada unha desas personas tempo haberá para iso. Supoño que cada un deles podrá e saberá darse por aludidos. Simplemente quero agradecerlle que tivesen esa idea....e sobre todo que tiveran a tenacidade de non desistir no empeño. Co paso do tempo foron outros os que se subiron o carro e aportaron o seu traballo. A todos eles non teño mais que, de novo, darllelas gracias.

Tampouco estaría demais que, agora que está a punto de rematarse a Casa Cultural, alguen se preocupase de que ninguen se esquecera de como foron estes vinta e pico anos, e lembrar como se conqueriu o que se conqueriu. Non estaría demaís que alguen lle contase a todos aqueles pequenos que oredor da fogueira brincaban como se conseguiu cunha aldea onde no se chega a 1000 veciños tivera tal infraestructura para o disfrute de todos. Espero que alguén recolla a miña proposta.........

Para min a noite de San Xoan valeume para "descubrir" que un soño se estaba facendo realidade. Xa teño un motivo mais para que dicir que a noite de San Xoan é unha noite máxica. Serían os espiritos desa noite, sería o viño, sería..............non sei o que sería pero a min parecíame que todolos que alí estaban era porque un soño se facía realidade, e que dalgunha maneira se estaba recoñecendo o merito daquel grupo de personas.......ou polo menos iso é o que eu quero pensar que estaba acontecendo esa noite.

Unha couso mais. Eu non formo parte dese grupo de personas de quen me veño referindo. Eu non participei en ningunha das directivas de Culturar, e tampouco na actual. Polo tanto eu non teño ningún interés en facer propaganda de nada. Eu tan só, o igual que caseque todolos veciños, fixen unha aportación económica para axudar na construcción da Casa. Eu, simplemente, son unha persona agradecida. Agradecida as personas que intentan que unha parroquia, coma Guláns, manteñase unida e ilusionada. Nada mais que por iso é polo que fago mención dese grupo de personas. GRACIAS

A directiva actual ,e mais os Padronos da Fundación Guláns ( que son os reponsables da xestión da Casa ), tamén lle quero dicir algo. O mesmo que un pai lle dí o seu fillo cando este vaise a universidade para labrarse un futuro......"Aproveita o tempo porque muito sacrificio supón para min mais para a tua nai poder pagarche os estudos"....Isto mismo querolles dicir eu, e dalgunha maneira facelo extensivo a todolos viciños ( todos formamos parte e todos temos parte de responsablidade en que a Cultural funcione e sea viable ). Aproveitemos todo o que se fixo e fagamos que a Cultural poida ser autosuficiente e poidamos disfrutar dela. ¡¡¡ É todo un reto, pero os retos son os que fan mellores os homes ¡¡¡

12 comentarios:

  1. Amigo ...? Véseche que che sae de dentro esa ilusión que tes pola túa terra, é totalmente comprensible.
    Xa fai tempo, antes de que tivérades a Casa Cultural feita, eu xa alucinaba cos terrenos que aí tedes, así podedes organizar unha chea de cousas, como xa tedes feito. Non como a de Areas, que non ten nin un metro de terreno fora da casa.

    Ante a túa petición, tentarei facer todo o que estexa da miña parte, pero che podo dicir que non é fácil. Co meu blog pásame o mesmo, mira que lle comenten a xente de Areas que lle votase unha ollada, pero ná, logo volvíalle a preguntar se o viran, e que non tivera tempo, que non se lembrara... Bueno, sempre hai excepcións. Xa ves que a maioría da xente que me comenta é de fora, unha especie de vínculo ou amistade virtual. Eu comparto opinións sobre o que escriben, e eles fan o propio co meu. Ó principio da un traballón, tes que comentar para darte a coñecer, algúns contestan e outros non.

    Farei algunha mención no meu blog sobre o teu, e tamén podo falar con veciños de Gulans, e darlle a dirección, sería a hostia de cachondo que che recomendara a tí a dirección, jeje.

    Bueno ti dirás, cando queiras axúdote no que faga falta, e se tes dudas co Blogger, sen problema.

    Un saúdo, tomaremos a cerveza, entón.

    ResponderEliminar
  2. ¡¡¡ Ben de seguro que tomaremos esa cervexa, ben de seguro ¡¡¡

    Que fagas algún comentario no teu blog sobre o meu paréceme estupendo. Eu, pola miña banda, tratareí de irme dando a coñecer. Non sei que rumbo irá collendo isto pero vou tentar que vaia funcionando.

    Por certo, o teu blog é unha pasada. Está curradísimo, si señor¡.

    En fin, meu Carlos, que nos seguiremos lendo. Agradecido despídome ata pronto de ti.

    Saudos

    ResponderEliminar
  3. Je,je, non sei se estiveches onte no torneo, pero pode dicirche que xa tes a medio Guláns intrigadísimo con saber quen eres, e sobre todo encantado coas palabras que escribiches. Ata o imprimiron e colocaron no tablón de anuncios. E Javi no blog do torneo xa che fixo unha mención.

    Na próxima entrada que poña, xa che farei eu unha.

    Sorte e a seguir, que vale a pena.

    ResponderEliminar
  4. Boas noites:
    Estou totalmente abraiada co que acabo de leer. Xa fai un bo rato, que a miña cabeza empezaba a dar golpes contra o teclado, xa non podía máis,e cando estaba a pique de pechar, deuseme por visitar o blog do torneo;e alí atopeime con esta maravillosa sorpresa. Alguén fixera algo novo sobre Guláns e eu aínda non me decatara. Espavilei en décimas de segundo, e tanto foi que me entraron ganas de escribir. Non sei quen eres, pero ten por seguro que acabarei por descubrirte ( asi que non andes deixando pistas, que algunha xa teño ), pero dende logo o teu esforzo e unha gozada.Merece a pena dedicarlle uns minutos a lectura dos teu relatos, son gratificantes para os que vivimos en Guláns. Non caias no aburrimento, nin no desánimo, porque penso que as tuas letras ( que son moi boas ) enchen de alento a moitísima xente ( eu incluída ). Eu pola miña parte prometo visitar este espazo moi amiúdo ( xa te teño nos meus favoritos )e facer algún que outro comentario.
    por certo!!!! o que si que votei de menos,é que non fixeras ningún comentario sobre a fabulosa tarde que pasamos o sábado no 50 aniversario dos nosos colexios. non estiveches alí???? ou é que non fuches alumno de tal institución??
    Un saúdo. Merchy

    ResponderEliminar
  5. Boas Urby !!!......ti preguntas, por que madialeva?....eu, simplemente, digoche....¿por que non?....Inda que non é unha palabra recoñedida pola RAG ( Real Academia Galega ), si que é unha palabra que se utiliza en certas zonas do nosos pais ( Galicia )con moita frecuencia. Ten distintos significados, dependendo da zona, inda que todos (polo menos os que eu coñezo) veñen a indicar algo parecido.
    Podemos dicir que se utiliza cando se quere confirmar algo,.... é algo asi como un...."claro que si", "por suposto"...etc

    ResponderEliminar
  6. Boas Merchy..... ., pois nada, anímate a escribir¡¡¡

    Este blog, tal e como él se presentou, naceu para falar de cousas de Guláns mais do noso Concello. Esta aberto para que aquel que asi o queira fale sobre o que aquí se escribe, ou ben para comentar claquer outro tema.

    Creo que non debe ser motivo de preocupacion, nin de perda de tempo, tentar averiguar que se "esconde" detrás de Garganta Profunda. Si asi se presenta será porque prefire manterse na sombra. Ademais, dame a min, que será moi difícil averiguar quen é fisicamente "Garganta Profunda".

    Dis que votas en falta algún comentario sobre o 50 aniversario dos Colexio "Feliciano Barrera".... ¡ tomo nota da tua observación, ....Neste momento, mais adiante Deus dirá, tan só, e simplente, che digo ...."un acto ben organizado".

    Saudos e espero verto a menudo por aquí.

    ResponderEliminar
  7. Hola Garganta Profunda.

    Antes de nada me gustaría felicitarte por tu blog y por la expectación que has creado en la parroquia con tus primeras intervenciones en él.

    Como seguramente ya has podido comprobar, tienes a toda la parroqua de Gulans, e incluso alrededores, intrigadisima con tu identidad real, a raiz del escrito tan emotivo publicado en tu blog con motivo de la fiesta de la noche de San Juan.

    Desde este blog, y creo que en nombre de mucha gente, te invito a que te des a conocer y así sepamos quien se esconde detras de Garganta Profunda y quien trata con tanto cariño a nuestra parroquia en el blog MADIALEVA GULANS.

    Un saludo.

    ResponderEliminar
  8. Boas Javier.

    Gracias pola tua felicitación pola creación do blog.

    Sinceiramente, paréceme que non é o mais importante que se coñeza a identidade de Garganta Profunda. O seu debido tempo todos saberemos con certeza quen se esconde detras de ese alcume, pero agora carece de interés.

    Eu seguirei, con mais ou menos acerto, escribindo cousas do noso pobo, pero o que sería realmente interesante é que participara mais xente.

    Saudos e espero encontrarte con frecuencia por aquí.

    ResponderEliminar
  9. Pásate a ver que che parece a mención que che fixen.
    E se che cadra, escribe algo que estamos espectantes. Veña ánimo, agardo por algunha entrada.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  10. olasss un bezo desde Madrid de un gallego exiliado que viene del blog de Carlos sousa. A ver si le pagas esa cerveza que le debes...

    Bezos

    ResponderEliminar
  11. Ay, o meu Carlos ¡¡¡. Gracias pola propaganda que me estas a facer, ademais falando ben do meu blog....iso si é un amigo¡¡¡-

    Pola cervexa non te preocupes, ben de seguro que a tomaremos, pero o seu debido tempo. Ademais coa propaganda que me fas, e non só no teu blog senon alí pola Cultural....que xa me comentaron a min, imos ter que tomar unha caixa....jeje.

    Inda que quedarades eliminados ( os anos é o que teñen) non deixes de ir por alí..

    Saudiños meu amigo.

    ResponderEliminar